Remate do programa

Ola! Como estás?


Desexo que esteas levando ben este momento de cambio de etapa, no que temos que ir aprendendo a adaptarnos a todas estas situaciones que se nos presentan (retomar actividades e rutinas, uso de máscaras, distancia de seguridade, etc).

Desexo tamén que as actividades que che estiven enviando durante este tempo che houberan sido útiles para reflexionar, para relaxarte, para manexar pensamentos ou emocións, etc

Se neste tempo non puideches poñer en práctica algunha delas non te preocupes, están dispoñibles tanto na páxina e no Facebook do Concello como na páxina do Departamento de Orientación do IES Carral para cando as precises ou queiras repetilas.

Esta é a última semana do programa, polo que me gustaría poder despedirme de ti por este curso e agradecerche os momentos compartidos. Dende o Concello de Carral tamén che queren agradecer a túa participación, déixoche a mensaxe de Mercedes Caridad, Concelleira de Igualdade, na seguinte páxina.

O correo electrónico educandoenvalorescarral@gmail.com seguirá dispoñible todo o verán, por se precisas poñerte en contacto por algún motivo (se queres algo máis de información sobre algún dos temas ou exercicios; se precisas asesoramento para algunha cuestión concreta ou simplemente se queres saudarme ou contarme como che vai o verán).

Agradecería moitísimo que puideras responder a un pequeno CUESTIONARIO ONLINE para valorar a utilidade do programa pinchando aquí:


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf6LqQmG9ZIvC9DpIF5pnJw-etXbcpIhqxuH8afFrQdAKTc8Q/viewform


Como agasallo final envíoche noutro documento un último conto cunha ensinanza moi importante para estes tempos e un listado de páxinas, vídeos e recursos sobre os diferentes temas que falamos durante as sesións por se che apetece saber máis..

Que pases un bo verán e que podamos reencontrarnos á volta.

Unha apertiña


Naiara González Fontenla

Educadora do Programa Educando en Valores

Concello de Carral


Guía de recursos e bibliografía sobre educación emocional

RECURSOS EDUCACIÓN EN VALORES E ED. EMOCIONAL


EDUCACIÓN EMOCIONAL con SENTIDO DO HUMOR: poñencia de Mario San Miguel no congreso de valores para adolescentes.

- https://www.youtube.com/watch?v=swwRy0ElqSw

CURTAS DE EDUCACIÓN EN VALORES:

-https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/cortometrajes-educar-envalores/

- https://monicadizorienta.blogspot.com/p/videos-y-cortos.html

XOGO KAHOOT SEXO CON SENTIDO (Atalaia Social) :

-https://create.kahoot.it/share/sexo-consentido/b8fda9a7-4e9b-4c0e-9425-

92db54455de2?fbclid=IwAR0XTE4aRja54n2_Pep_i2NtoBuDn-zpUNn_pArjoRfgbzxfiCXo1V6Djk

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES:

- https://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/images/competencias-cuadernoalumno_tcm1069-421418.pdf

- https://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/images/cuaderno-alumnopensamiento_tcm1069-421434.pdf

- https://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/images/creatividad-cuadernoalumno_tcm1069-421413.pdf

IGUALDADE DE XÉNERO:

- Docu: https://www.rtve.es/television/20150622/machismo-no-se-ve/1165560.shtml

- Listado libros feminismos: https://www.sinembargo.mx/01-01-2016/1589320

ECOLOXÍA:

- https://blogs.avui.cat/mfilella/2007/11/27/las-basuras-un-tesoro-en-tus-manos/

- https://www.ecologistasenaccion.org/13614/recursos-y-lecturasdidacticas/#outil_sommaire_2

- http://www.letra.org/

- http://opcions.org/es/

PÁXINAS DE RECURSOS EN GALICIA

http://xuventude.xunta.es/

http://www.querote.org/


LIBROS EDUCACIÓN EN VALORES E ED. EMOCIONAL


EMOCIÓNS:

- Llenas, A.: Laberinto del Alma. Crossbooks

- Llenas, A: Vacío. Crossbooks

https://www.youtube.com/watch?v=bBVF3iZsyL4

- Manzano, E. e Gutiérrez M.: Recetas de lluvia y azúcar. Ed Thule

- Punset: colección de libros "Los atrevidos". Editorial Beascoa

- Rovira, A.: Cuentros para querernos mejor. Editorial Destino


EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

- Romero Miralles: El libro rojo de las niñas. Editorial OB STABE. (menstruación)

- Lienas Gema: O diario vermello de Carlota. Editorial Galaxia

- Rivera, J. : O diario vermello de Flanagan. Editorial Galaxia


VÍDEOS RELAXACIÓN, MEDITACION E ATENCIÓN PLENA

- Relaxación: o test do espagueti. https://www.youtube.com/watch?v=H8833hDn-Wo

- Exercicio para durmir ben: https://www.youtube.com/watch?v=Qzf2WbtYui4

- Relaxación: https://www.youtube.com/watch?v=mwemmS-mXW4

- Manexo de situacións difíciles: https://www.youtube.com/watch?v=-UCj0EOi5jQ

- Respiración abdominal. https://www.youtube.com/watch?v=AZKnMFr4G4g

- Meditación conexión coa forza: https://www.youtube.com/watch?v=YOdFZ0e8HmI

- Meditación confianza: https://www.youtube.com/watch?v=QxNpVtAkndY

- Para cando non teño o que quero: https://www.youtube.com/watch?v=jP3nBuGVlnY

- Parar antes de reaccionar: https://www.youtube.com/watch?v=ufrv5MoLJOY

- Para mostrarnos como somos: https://www.youtube.com/watch?v=Ifc10f-s7Ms

- Exercicios Mindfulness: https://www.youtube.com/watch?v=ze5SQPSRKfA

- Práctica Mindfulness: https://www.youtube.com/watch?v=lifANBWEIGU


Naiara González Fontenla

Educadora Social Programa Educando en Valores

Departamento de Servizos Sociais

educandoenvalorescarral@gmail.com

Esta semana quero compartir con vós unha práctica que a min me resulta especialmente útil cando me atopo moi axitada, nerviosa ou revolta, cando teño que poñerme a facer algo e non me podo concentrar ou cando me atopo moi "rallada" e quero desconectar deses pensamentos que non para de vir á miña cabeza.

Quizáis xa a practicáramos algunha vez na clase pero quero recordarcha por se che pode servir estes días.

Trátase dunha práctica de meditación e atención plena que consiste en repetir SA TA NA MA mentres vas tocando cada un dos dedos da túa man. Neste vídeo poderás velo claramente. Se queres podes empezar facendo so a primeira volta ou as dúas primeiras e ir incorporando as seguintes a medida que teñas práctica.

Se o sintes podes comentarme as túas impresións ou dúbidas a través do correo electrónico.


Boa sorte mala sortebon.mp3
AUDIO RELAXACIÓN corporal EDUCANDO EN VALORES.mp3

¿Boa sorte ou mala sorte?

Este conto axúdanos a ver que as cousas que suceden na vida non son boas nin malas en si, incluso cousas que podemos considerar negativas poden traernos despois grandes aprendizaxes ou vantaxes. É moi importante a actitude coas que as enfrontamos. Isto non quere dicir que non podamos sentir dor, tristeza, enfado, etc. simplemente intentar non estancarnos aí e unha vez que nos permitimos sentir e soltar, buscar tamén a forma de enfocarnos no lado máis positivo.

A situación que estamos a vivir poderíamos clasificala como unha situación difícil, e dende logo hai moitas persoas que están sufrindo por ela nestes momentos. Pero gustaríame convidarche a que puideras reflexionar sobre que cousas positivas podes sacar de todo o que viviches neste tempo de confinamento: que vantaxes che trouxo, que aprendizaxes fixeches, que cousas positivas tivo esta situación para ti…

Por exemplo, a min permitiume dedicarme máis tempo a min mesma, estar máis coa miña familia, descansar e conectar coa Natureza e púidenme coñecer máis e cambiar hábitos que non me resultaban útiles.

Gustaríame que puideras compartirmo a través do correo. Con todas as respostas farei un documento que publicaremos nas redes sociais do Concello (por suposto será anónimo).


Reto: unha boa saúde

Neste tempo todo o mundo fala do que NON podemos facer e de como evitar caer enfermos/as. A min gustaríame falar de que cousas SI podemos facer para ter boa saúde, pois ter boa saúde non é so non estar enfermos/as. A boa saúde significa, ademais de non ter ningunha enfermidade, un estado de benestar físico, emocional, mental e social.

Quizais a maioría de vós non estades enfermos/as, pero esteades agobiados/as, ou sintades moito medo e vos coste durmir, ou quizais non teñades apetito, ou comades a todas horas por ansiedade; ou ao mellor vos sentides soas ou sos, ou moi tristes ou enfadados/as, ou tedes algunha dor ou malestar porque vos atopades nerviosos/as. Iso entón, non sería atoparse con boa saúde. Ademais, para estar sans é moi importante coidar o noso sistema inmune, é o noso escudo contra os virus e as bacterias. E para que este estea forte hai moitas cousas que nós podemos facer.

PROPÓÑOCHE UN RETO: escoller 3 destas cousas para facer durante unha semana enteira. O ideal sería para o mantiveras sempre, pero polo menos comezar por probar tres delas, e non vale que sexan as que xa fas. Para escollelas podes comezar polas que che resulten máis fáciles ou se che gusta máis o risco podes pensar agora tres números e ver cales corresponden a esa lista e facelas. Podes propoñer a quen queiras este reto, sería xenial facelo con alguén da túa casa.

A lista é a seguinte:

1- Facer un minimo de 30 minutos ao día de exercicio: pode ser un deporte, camiñar, subir escaleiras, correr, bailar, ir en bici, patinete, patíns, facer estiramentos…

2- Beber polo menos un litro e medio de auga ao día.

3- Reducir os azúcares (doces, boliños, gominolas, bebidas azucaradas, galletas, alimentos procesados, chips ou snaks…) e aumentar a comida máis natural (verduras, froitas, froitos secos…)

4- Contactar coa Natureza cada día: sentarte a ver as nubes, achegarte ás árbores, pasear polo campo, mirar as flores, escoitar os paxaros…

5- Todos os días respirar aire fresco e poñernos ao sol ou luz do día (se hai nubes), aínda que sexa simplemente abrindo a ventana.

6- Ter un bo descanso: procurar durmir mínimo 7-8 horas, cos aparellos apagados, non telos encendidos na hora antes de irte á cama…

7- Desconectar das novas tecnoloxías: reducir o número de horas que pasas mirando o móbil, tablet, videoconsola, ordenador ou televisión e sustituílas por outra cousa ou por nada.

8- Compartir o que sintes con outras persoas coas que teñas confianza: se hai algo que che preocupa, enfada, che da medo, etc e o tes atascado poder liberarte del contándollo a unha persoa de confianza que che poda comprender, escoitar ou axudar.

9- Expresar as túas opinións e emocións de forma amable

10- Enfocarte en pensamentos positivos en lugar de negativos

11- Facer cousas que che relaxen ou che fagan sentir ben: respirar profundamente, escoitar música, debuxar, escribir…

12- Evitar estar todo o día escoitando noticias negativas sobre enfermidade, mortos, dificultades económicas etc. É importante estar informadas, pero non necesitamos estar en conversas negativas todo o tempo. Podemos pedir ás outras persoas que non nos falen agora diso, deixar de ler o que nos mandan, cambiar o canal, etc.

APÚNTASTE AO RETO??? Se o fas encantaríame que mo fixeras saber a través do correo electrónico dicíndome con cal destas te comprometes.

Recórdoche que o meu correo é: educandoenvalorescarral@gmail.com

Naiara González Fontenla

Educadora do Programa Educando en Valores


educandoenvalorescarral@gmail.com