Novidades nas materias e na organización do ensino

Si miras ao cadro de materias, verás que moitas son iguais ás que tiñas en 6º de primaria (Educación física, Linguas, Mates), outras son novas ou teñen nomes novos.

Para que te fagas unha idea, diremos que Xeografía e historia se parece a Ciencias sociais, Bioloxía e xeoloxía a Ciencias da natureza e Educación plástica a Educación artística.

Si contas, verás que tes 11 asignaturas en 1º; non é o curso no que terás máis. Pero, ademais do número , debes ter en conta que cada materia ten o seu profesor/a. Esto é un cambio importante: en primaria o teu titor ou titora, ademais era o mestre de Mate, Linguas, Ciencias ...

As linguas estranxeiras no IES de Carral

Como ves no cadro, terás dúas linguas estranxeiras obrigatoriamente en 1º. Esas lingua son Inglés e Francés.

Cal é a primeira e cal a segunda?. Eso é algo que tes que escoller ti cando fagas a matrícula

Unha particularidade do IES de Carral é que no noso centro os alumnos poden escoller a primeira e a segunda lingua; ademais, os departamentos de linguas estranxeiras preocúpanse de facer actividades (viaxes, intercambios) todos os cursos.

Que diferencia hai entre a primeira e a segunda lingua?

  • A materia que escollas como primeira lingua o será durante toda a ESO, non se pode cambiar nos seguintes cursos

  • A segunda lingua é obrigatoria en 1º e 2º e optativa en 3º e 4º

  • O horario semanal é diferente: 3 horas a primeira lingua, 2 horas a segunda

Libre configuración

En primaria tiñas materias de libre configuración en 4º e 6º. Na ESO tamén as hai en 1º e 2º. Como sabes, esas materias son diferentes en cada centro ; no noso as materias de libre configuración en primeiro son:

  • Reforzo oral de segunda lingua estranxeira: trabállase a comprensión e a expresión oral da segunda lingua. Esta materia non ten unha nota separada da nota de segunda lingua.

  • Programación: unha introdución á programación informática. Elaboración de algoritmos, linguaxe de programación, e linguaxe de marcas para páxinas web

Titoría

Un dos profesores /as do teu grupo será o teu titor. Cada semana terás unha hora de titoría. Nesa sesión pódense tratar temas que sexan de interese no grupo, a información sobre a marcha do curso, as vosas dúbidas, etc. Tamén desenvolveranse actividades dirixidas a favorecer unha boa convivencia, a aprendizaxe de técnicas de estudo, etc.