Que opción escoller?

Debes saber que as dúas opcións conducen a obter o mesmo graduado en ESO; polo que independentemente da opción que escollas poderás facer calquera das alterntivas que tes ao rematar a ESO. Sen embargo, é necesario que consideres ata que punto a opción que escollas en 4º vaite preparar para o que queres facer despois.

Bota unha ollada á información sobre o bacharelato e a formación profesional e reflexiona sobre o que cres máis axeitado.

Para facerte unha idea sobre as materias novas que aparecen nas opcións de 4º clica aquí