O Noso Club.‎ > ‎

Como asociarse.

Se queres ser socio/a da A.D. T&P Soutomaior, terás que:

  1. Cumprimentar os datos do formulario de inscrición para socios/as.
  2. Ingresar no número de conta do Club o importe da cota anual de socio/a (cotas aprobadas na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 7 de Marzo de 2015).
  3. Enviar o xustificante de pago á dirección de correo electrónico do Club.

    Nº de conta do Club:

    CCC: 0049 6689 26 2110010064

    IBAN FORMATO ELECTRÓNICO: ES3100496689262110010064

    IBAN FORMATO PAPEL: ES31 0049 6689 2621 1001 0064

    BANCO SANTANDER.

    As cotas e as modalidades de socios/as aprobadas en Asemblea son as seguintes:

    • De número individual: As persoas maiores de idade que satisfagan a cota establecida pola Asemblea Xeral.
    • Familiar, cónxuxe ou parella de feito: Dun socio/a de número individual, maior de idade e que satisfaga a cota da Asemblea Xeral.
    • Familiar fillo/a: Menores de 18 anos que dependan económicamente dun socio/a de número, que convivan con él/ela no mesmo domicilio e que satisfagan a cota da Asemblea Xeral.
    • Aspirante: Socio/a menor de 18 anos.
    • Honorario: Aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta disitinción.

    Cotas anuais socios/as:

    • De número individual: 25 €.
    • Familiar, cónxuxe ou parella de feito: 15 €.
    • Familiar fillo/a: 5 € (menores de 18 anos).
    • Aspirante: 10 €.
    • Honorario: 0 €.

    Para calquera dúbida, aclaración ou para solicitar información podes chamar ao teléfono do Club: 618 373 411.

    Nota: Durante os meses de verán, xullo e agosto, o Pavillón da Montesiña permanecerá pechado, polo que se atenderá na Caseta de Información ao Turismo situada no peirao de Arcade.

    Principais vantaxes de facerse socio:

    • Prezos especiais para socios en material deportivo: pelotas de tenis, pelotas de pádel e sobregrips.
    • Prezos máis económicos en todos os torneos organizados polo Club.
    • Descontos nas inscricións das Ligas Locais.
    • Descontos en textil e material deportivo na Tenda do Club.
    • Prezos especiais no uso das instalacións e nas reservas das pistas no "Tablero Sport Club" no Polígono Industrial A Reigosa (Pontevedra).
    • Descontos nas sesións de Fisioterapia, Podoloxía e Odontoloxía na clínica "Vilaboa Saúde".
    Comments