O Noso Club.

A Asociación Deportiva Tenis e Pádel Soutomaior (A.D. T&P Soutomaior) é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro, que ten como fin o fomento e a práctica do Tenis e do Pádel.

O día 26 de Decembro de 2009 reuníronse na parroquia de Arcade, no Concello de Soutomaior, Miguel Ferradanes Seoane, Florentino Puentes Agulla, José Calvar Hermo, Carlos Álvarez Pequeño e Sergio Cernadas Reguera coa intención de asociarse para fomentar e desenvolver a práctica do tenis e do pádel no Concello de Soutomaior. Con este propósito, fundaron a xa mencionada Asociación Deportiva Tenis e Pádel Soutomaior.

Deste encontro saíu elixida a primeira Xunta Directiva formada por:

  • Presidente: Miguel Ferradanes Seoane

  • Tesoureiro: José Calvar Hermo

  • Secretario: Florentino Puentes Agulla

  • Vogais: Carlos Álvarez Pequeño e Sergio Cernadas Reguera.

Dende este día, o número de socios e socias foi en aumento. Así, a finais do ano 2014 contamos con case 200 asociados/as e con boas perspectivas de futuro.

A A.D. T&P Soutomaior está afiliada á RFET (Real Federación Española de Tenis), á FGT (Federación Galega de Tenis) e á FGP (Federación Galega de Pádel), e participa cos seus equipos na Liga Galega por Equipos de Pádel, nas Series Nacionais de Pádel, e nos Campionatos Galegos Absolutos de Tenis con bos resultados en todas as competicións mencionadas.

As actividades organizadas polo Club son moitas e variadas:

  • Destacan sobre todo as Ligas Locais de Tenis e Pádel, que se desenvolven ao longo do ano, con máis de 250 participantes.

  • Torneos Locais e Abertos de Tenis e Pádel.

  • Cursos de verán.

  • Etc.

Para levar a cabo estas actividades a A.D. T&P Soutomaior utiliza as pistas municipais situadas no Pavillón da Montesiña. Todas estas actividades contribúen a que a afección a estes deportes vaian en constante aumento.

Click aquí: Ver mapa

A Xunta Directiva actual está formada polos seguintes membros:

  • Presidente: Esteban Cernadas Pereira.

  • Vicepresidente: Fernando Castro Fernández.

  • Tesoureiro: Ignacio Lorenzo Rubín.

  • Secretario: Manuel Pérez Bernárdez.

  • Vogal: Patricia Molinos Otero.

Información de contacto:

Teléfono móbil: 618 373 411

Enderezo: Romariz nº 72 Baixo. 36691, Soutomaior. Pontevedra.

e-mail : tenisypadelsoutomaior@gmail.com