Carta de Naiara

Ola a todas e todos!


Sabemos que esta situación pode ser complexa de xestionar para todas e todos e dende o Concello queremos continuar co programa que estabamos levando a cabo nas aulas, buscando a forma de poder servos útiles neste tempo, aportando ferramentas que vos poidan axudar a manexar esta situación ou simplemente podendo servirvos de apoio ante situacións que vos resulten complicadas no día a día. Para iso poremos en marcha varias accións dirixidas a alumnado e tamén ás familias.


PARA O ALUMNADO

  1. A MIÑA CAIXA DE FERRAMENTAS 3.0

Cada semana enviaremos a través do correo electrónico unha proposta de actividade para facer (que pode ser un xogo, unha historia ou un enlace para ver un vídeo, escoitar un audio ...) relacionada cos contidos do programa. Tanto as propostas coma os vídeos e audios serán colgados aquí semanalmente.

Se queredes, poderedes enviarme a min directamente comentarios, dúbidas, preguntas ou pedirme máis materiais sobre o tema que vos interese. Tamén estou aberta a que podades propoñer temas sobre os que enviarvos cousiñas.


  1. REDE DE APOIO PARA O ALUMNADO

a) Correo electrónico para consultas coa educadora:

Ao mellor algún/ha de vós neste momento precisades apoio para resolver algún conflito que se vos presente: situacións que vivides coa vosa familia; conflitos que teñades cos/as compañeiros/as polas redes sociais ou por teléfono; ou simplemente vos apetece compartir con alguén os vosos medos, os logros e aprendizaxes que estades facendo, ou as vosas inquedanzas. Nese caso poderedes contactar comigo a través do enderezo electrónico educandoenvalorescarral@gmail.com .

Tamén, se simplemente che apetece saudarme e dicirme como estás levando isto ou se queres consultarme cousas sobre as actividades que vos vou propoñendo semanalmente podes escribirme aí.


b) Equipo de apoio entre iguais 3.0 :

Se neste momento no que tes máis tempo dispoñible che apetece axudar a uotras persoas a poder sobrelevar mellor esta situación, ponte en contacto comigo e entre todos e todas buscaremos formas de facelo.

A idea é crear un grupo dun máximo de 20 alumnos/as cos que deseñar e crear actuacións para apoiar a outros/as alumnos/as ou incluso a outras persoas de fóra do centro. Algúns exemplos poden ser: crear grupos de apoio para axudar coas materias académicas; crear grupos para compartir afeccións ou cousas que se nos dan ben: crear unha pequena revista ou canle con información e recursos interesantes, poñernos en contacto con persoas que se sinten soas neste momento, etc.

Se che gusta axudar aos demais ou se tes algunha habilidade que poder compartir (escoitar, falar, debuxar, escribir, deseñar no ordenador, as redes sociais, sacar fotos, organizar, cantar, bailar, compoñer, as manualidades, a cociña, algún deporte, xogos, controlas moito dalgunha materia ou dalgún tema...) desexo poder contar contigo para este equipo.




Recursos para as familias

  1. ACTIVIDADES ONLINE: IOGANDO COAS EMOCIÓNS (IOGA E EDUCACIÓN EMOCIONAL EN FAMILIA)

Obradoiros nos que participan familias coas nenas e nenos a través de xogos, contos, cancións, exercicios de relaxación, etc

Cada 15 días, mediante unha plataforma de vídeo conferencia, en sesións de duración variable en función da idade dos rapaces.

Precísase un mínimo de 10 familias para a súa realización.


  1. VÍDEOS E AUDIOS PARA AS FAMILIAS SOBRE EDUCACIÓN EMOCIONAL

Vídeos curtos e audios que se colgarán na páxina web do Concello nos que se falará de educación emocional ou nos que se propoñan exercicios e xogos para facer coas crianzas en ralación á intelixencia emocional, a comunicación, etc

Para as posibles dúbidas que poidan xurdir nas familias respectos aos exercicios e actividades propostas ou respcto aos desafíos diariso respecto á educación emocional dentro da familia, podedes utilizar o seguinte correo electrónico: educandoenvalorescarral@gmail.com


educandoenvalorescarral@gmail.com