Publicidade 3º ESO

Avaliación. A publicidade. 3º ESO. 2º Trimestre 2010-2011

Traballo individual (60% da nota).

- Apuntes sobre a publicidade: Apuntes a limpo e follas de sucio , si as conservades.
Si tedes dúbidas podedes buscar no servidor do centro (69.53.97.250/recursos) os materiais utilizados na aula, tamén podes visitar esta web.
O documental que vimos sobre a publicidade podedes velo aquí: La publicidad al descubierto.
Lembrade, como sempre, poñer nota ó traballo e xustificala.

- Estudo crítico dunha publicidade: Buscar unha publicidade dunha revista ou xornal e analizala utilizando o aprendido na clase. Mínimo unha cara. Presentar tamén o anuncio elixido.
Poñer nota o traballo e xustificala.

Traballo en grupo (40% da nota).

Facer  por grupos unha campaña para o "Club Linux". Débese iniciar a campaña sorprendendo e tratando de ser orixinal creando suspense como a campaña da ONCE (2) da que falamos.
O traballo será un cartel publicitario en tamaño A3, pódese utilizar calquera técnica, collage, debuxo, técnicas informáticas, ...
Incluíde no cartel unha licenza creative commons.
Agás do cartel e os outros materiais,  presentarase unha explicación detallada, nun folio como mínimo, da campaña. É importante utilizar o aprendido na clase. Indicarase tamén que traballo fixo cada un e a nota xustificada.

Traballo optativo:
Para subir nota pódese facer unha cuña publicitaria do "Club Linux" en formato mp3 de 10 a 20 segundos para anunciar na emisora do Instituto.

Notas.:
Valorarase positivamente a presentación e a ausencia de faltas de ortografía.
Os textos pódense facer a man ou co ordenador.
Avaliade sempre o voso traballo.
O prazo máximo para presentar os traballos é o 28 de febreiro. Tempo de traballo máximo 6 sesións.


Comments