RAPAZAS EMPRENDEDORAS NAS TIC

Proxecto elaborado no CEIP Víctor Sáenz durante o curso académico 2021/22 dentro do Plan Proxecta+

TAREFAS E ACTIVIDADES REALIZADAS


Vídeo sobre o ámbito científico-tecnolóxico

O alumnado de 3º a 6º elaborou un vídeo no que explicaron aspectos relacionados co ámbito científico-tecnolóxico e co proxecto (que é o emprendemento, que son as TIC, que actividades conxuntas imos realizar...).

Charla virtual sobre ciberseguridade

O alumnado de 3º a 6º participou nunha charla virtual sobre ciberseguridade dentro do ciclo de conferencias “Educación século XXI” de Afundación TV, na que Bernardo Viqueira lles explicou como enfrentarse aos dispositivos dixitais que manexamos diariamente.

"Rosiñapalabra" sobre o ámbito científico-tecnolóxico

Todo o alumnado participou no concurso “Rosiñapalabra” con palabras do “A” ao “Z” relacionadas co campo da ciencia e da tecnoloxía.

Día Internacional da Internet Segura

O alumnado de 3º a 6º participou no obradoiro online “Círculos de confianza en Internet” do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), polo Día Internacional da Internet Segura.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O alumnado de 3º a 6º visionou as charlas online do programa “Unha enxeñeira ou científica en cada cole” organizado polo Concello e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para celebrar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Día Internacional da Muller

Para celebrar o Día Internacional da Muller, fixemos unha actividade moi especial, que foi realizar unha exposición de traballos sobre mulleres relevantes do ámbito científico-tecnolóxico, que cada neno/a do centro elaborou coa súa familia.

Semana do Libro

Para celebrar a Semana do Libro, todo o alumnado elaborou coa axuda das TIC un conto viaxeiro que leva por título “Daniela, a inventora que cambiou o mundo”. Ademais de realizar o conto, tamén crearon un vídeo. De maneira complementaria, o grupo de 3º e 4º mesmo fixo unha lectura deste ante os compañeiros/as de 1º e 2º.

Retos matemáticos mensuais

O alumnado de 5º retou ao resto de alumnado de primaria a través de retos matemáticos mensuais que elaboraron empregando as TIC. Todos/as conseguiron resolvelos con éxito, polo que cada neno/a recibiu un diploma de “supermatemático/a”.


Día Internacional das Razapas Emprendedoras nas TIC


Exposición sobre mulleres que fixeron historia no ámbito da tecnoloxía

Todo o alumnado elaborou unha exposición sobre mulleres como Ada Lovelace, Evelyn Berezin ou a galega Begoña Vila, na que recolleron información sobre estas mulleres e mesmo se podía escanear uns códigos QR para escoitar podcast que os nenos/as gravaron previamente en Radio Rosiña.

Coloquio online organizado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA):

Laura Martínez Calvo, Edita de Lorenzo, Dhaunae de Vir e Lucía Ardao, catro mulleres galegas que se adican ao campo das TIC, lles falaron sobre as súas profesións.

Visita ao centro de familiares do alumnado de 3º e 4º para falarnos sobre como a tecnoloxía mellorou os seus traballos

Foi unha experiencia moi enriquecedora e mesmo aproveitaron para entrevistalos para Radio Rosiña, facendo despois un programa radiofónico.

Elaboración dun vídeo no que as familias de todo o centro animan ás nenas, rapazas e mulleres a adicarse a profesións do ámbito científico- tecnolóxico

As profesións non teñen xénero e todos/as podemos ser o que queiramos ser.

Visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

O alumnado de 3º a 6º visitou o CESGA, onde ademais de visitar as súas instalacións, viron o novo Supercomputador FinisTerrae III, o cal multiplicará por 12 a capacidade de cálculo do seu antecesor.

Xogos sobre mulleres que fixeron historia no campo da tecnoloxía

Xogo de Memoria

"Quen é quen?"

Kahoot

Busca do tesouro

Vídeo resumo do proxecto